Consello Escolar 17/03/2025

1.- Lectura e aprobación, se procede, da acta anterior. Apróbase.

2.- Informe da previsión do orzamento do ano 2025. Infórmase.

3.- Incidencias na regularización dos precios de comedor. Coméntase os casos e aplicación da norma.

4.- Informacións varias. Non hai.

5.- Rogos e suxestións.

– Pregúntase pola data de fin da obra de comedor. Non se coñece.

– Pregúntase polas obras de cambio de pavimento e da obra integral do edificio (eficiencia enerxética). Esta última está aprobada pero non ten nin orzamento nin adxudicación. Acórdase reclamar o cambio de pavimento, previa recopilación de casos de familias que sufriron accidentes.

– Infórmase que a ANPA lanzou unha enquisa sobre E-Dixgal, dacordo co establecido na asamblea da ANPA. Remitiránse as conclusións a Claustro e Consello.

– Coméntase as datas de finais de curso, para organizar as exhibicións de actividades extraescolares.

– Coméntase que se lanzará a enquisa de extraescolares a finais de curso. Estase a analizar a opción dunha segunda actividade, de tipo artístico, os venres de 15 a 17h.

Consello Escolar 10/02/2025

1.- Lectura e aprobación, se procede, da acta anterior. Apróbase.

2.- Informe da conta de xestión do orzamento do ano 2024. Infórmase.

3.- Informacións varias.

– Infórmase do resultado positivo da análise dos menús do Comedor e as lixeiras modificacións que se farán para melloralos (incremento de froita e integrais, redución de carne vermella e incremento de legumes e verdura cru)

– Infórmase da construción de mobiliario para todo o material recibido de Polos Creativos.

4.- Rogos e suxestións.

– Coméntanse os motivos de non ter asignado apoio PROA

– Coméntase que a xornada de portas abertas terá lugar o luns 24, coa presenza da ANPA

Consello Escolar 18/11/2024

1.- Lectura e aprobación, se procede, das actas anteriores. Apróbanse.

2.- Aprobación PXA curso 24/25. Apróbase.

3.- Informacións varias. Coméntase polo miúdo os programas de inclusión educativa (PIE) seleccionados polo centro: impulso á igualdade e promoción do benestar emocional votados no Consello Extraordinario anterior.

4.- Rogos e suxestións.

– E-Dixgal: información sobre as reunións coas familias de 5º. Coméntanse os puntos e cuestións tratados na reunión.- Comedor: información actualizada sobre a finalización da obra de Comedor. Non se dispón de data definitiva da obra exterior, sen afectar este punto a que o alumnado poda comer no interior do mesmo.


– Comedor: información actualizada sobre o número de coidadores. Cóntase coa totalidade de 20 coidadores.


– Transporte: información actualizada sobre a situación actual, para confirmar se a situación está xa regularizada. Confírmase que o transporte xa está a chegar a tempo, incluida a liña 5.


– Plan de Convivencia: información sobre vindeiros pasos/convocatoria comisión. Convocaránse as comisións unha vez se constitúa o novo Consello Escolar.


– Programa Horta Escolar Concello: posibilidade de que Infantil ou outros cursos se acollan ao programa. Finalmente acóllense ao programa do Concello 1º, 2º e 3º Primaria. Infantil solicita un horto para traballalo internamente de maneira flexible.

– Separación residuos Comedor. Non se realiza na actualidade, á espera de ter un novo contenedor no exterior.


– Pintura do resto do Centro. Realizouse unha parte adicional na ponte de novembro.


– Xaulas do pavillón para o material de extraescolares. Pendente resposta do Concello.

– PROA. O Centro non foi escollido para a dotación adicional.

Asignación personal Audición Linguaxe (AL)

Dende os representantes das familias no Consello suscribimos e apoiamos a reclamación da dotación do profesor/a de Audición e Linguaxe recortada no curso escolar 2024/2025, xunto co persoal docente e non docente, equipo directivo, Concello e ANPA. Vimos de recibir a confirmación da súa asignación, nombramento e incorporación inmediata.

Grazas a toda a comunidade polo apoio neste proceso.

Consello Escolar 30/09/2024

Acórdase de maneira unánime por tódolos representantes no Consello (persoal docente e non docente, equipo directivo, Concello e representantes das familias) remitir escrito ao Conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional e á Subdirección Xeral de Recursos Humanos, con copia a Inspección Educativa, reclamando a dotación do profesor/a de Audición e Linguaxe recortada no curso escolar 2024/2025.

As partes integrantes no Consello Escolar realizarán seguimento deste tema co fin de que sexa resolto pola Consellería no prazo máis breve posible, sen descartar accións adicionais se non é solventado a curto prazo.

Consello Escolar 06/09/2024

1.- Lectura e aprobación, se procede, da acta anterior. Apróbase.

2.- Resolución listaxe definitiva de comedor. Todo o alumnado está admitido.

3.- Información e listaxe transporte curso 2024/25. Todo o alumnado está admitido. Colgaránse os horarios adaptados ao novo horario escolar (entrada 8:45) e enviaráse Abalar xunto co resto de temas de inicio de curso.

4.- Aprobación actividades extraescolares 24/25. Apróbanse. Queda pendente revisar os seguintes espazos:

– Confirmar aula Infantil (antiga biblioteca Infantil) para Música e Movemento

– Reubicar en setembro por mor da obra do comedor: Baile Primaria (L/X) Salón de actos, Teatro Musical Primaria (M/J) Salón de Actos e Robótica Primaria (V) Madrugadores.

5.- Aprobación de datas e espazos necesarios para actividades previstas organizadas pola ANPA para o curso 24/25. Apróbanse Salón de Actos e patio Infantil para Samaín, Nadal, Entroido e Fin de Curso.

6.- Aprobación dos días non lectivos propostos polo Claustro. Apróbanse o 4 de novembro e 2 de maio.

7.- Información modificación das NOFC. Modifícanse co novo horario escolar.

8.- Información do Proxecto Documental Integrado (PDI) escollido para o curso 24/25. Escóllese “A volta ao mundo”

9.- Información 1º día curso, entradas e saídas. Non hai modificación con respecto ao curso anterior, excepto o novo horario. A entrega ás 13:45 faráse únicamente pola porta de Primaria.

10.- Informacións varias. Mentres a obra do comedor non remata, a empresa que realizará o servizo de comida no centro será Jardanay. O servizo será no espazo de Madrugadores+Salón de Actos, en dous turnos.

11.- Rogos e suxestións.

– Non haberá desdobre en ningún curso, quedando en 19 unidades cun membro adicional do profesorado asignado a 2º Primaria.

– O Concello finalizou a práctica totalidade das reparación, incluido a canasta do pavillón. Solicítase chave ou xaula para gardar o material de extraescolares.

– A ANPA solicita empezar cando sexa posible a organización das saídas aos museos científicos, ao ser a primeira actividade do curso.

Consello Escolar 28/06/2024

1.- Lectura e aprobación, se procede, das actas anteriores. Apróbanse.

 2.- Aprobación Memoria curso 2023/2024. Apróbase.

 3.- Aprobación continuidade Plambe curso 24/25. Apróbase.

4.- Aprobación da presentación dos Programas de éxito educativo da Consellería. Non existindo convocatoria aínda,  retrásase a súa aprobación a vindeiros Consellos.

 5.- Informacións varias.

  • E-Dixgal: a resolución definitiva, coa continuidade do CEIP Rabadeira, saiu publicada o pasado 20 de xuño.
  • Comedor: para evitar problemas coa ratio de persoal de cociña, modificouse o número máximo de comensais a 349, por enriba das solicitudes recibidas.
  • A día de hoxe reconfírmase a obra de comedor pero non hai data exacta de inicio dos traballos.
  • Horario lectivo: recibiuse a conformidade de Xefatura Territorial do cambio de horario  de 8:45 a 13:45, tal e como se aprobou no Consello do 20/06/2024. Este cambio será amplamente difundido por web e Abalar e ampliarase o prazo de solicitude de transporte e comedor para as familias que o desexen.
  • Menús alerxias e intolerancias: a Instrución para o curso 2024-2025 establece como novidade que “Excepcionalmente cando as condicións das instalacións ou a complexidade organizativa imposibiliten as garantías de seguridade alimentaria, o Consello Escolar do centro poderá propoñer a denegación do menú específico, no caso concreto, motivando de forma razoada a súa proposta. Nese caso, a familia poderá proporcionar o menú específico, e facilitarase ao usuario medios de conservación e de quentamento axeitados, de uso exclusivo para estas comidas, para que poidan conservarse e consumirse”
  • Convivencia: recibíronse os resultados das enquisas de convivencia de hai máis dun curso. No vindeiro curso abordarase o Plan de Convivencia do Centro.

6.- Rogos e suxestións.

  • Plan de reciclaxe Comedor: proponse que finalmente no vindeiro curso poda facerse a separación básica de orgánico/inorgánico e a reutilización da auga dos vasos en regadeiras para as zonas verdes/horta.
  • Programas Radio, Biblioteca, etc.: pregúntase polo criterios para a participación do alumnado, rotación (ex. por trimestres), etc. É voluntario e rotatorio.
  •  Programa Horta na Escola Concello de Oleiros: suxírese valorar para o vindeiro curso retomar este Programa en Infantil.

Consello Escolar 20/06/2024

  1. Cambio horario na xornada escolar. Apróbase a proposta do cambio de 8:45 a 13:45, co fin de ter dobre quenda de comedor de 13:45 a 15:00 e garantir a totalidade de prazas. Esta proposta debe ser aprobada por Xefatura Territorial.
  •  O servizo de transporte (entrada e dobre saída) estaría garantido, adiantando 15 minutos tamén o seu inicio. Non habería cambios nin na saída das 15:00 nin nas actividades extraescolares.
  • Tamén  se garantirían as 21 prazas de coidadores de comedor.
  • Ampliaríase o prazo de inscrición de comedor e transporte para as familias que, á vista do novo horario, precisasen modificar a súa solicitude.

Resolución definitiva E-Dixgal

A Consellería de Educación ven de publicar a resolución definitiva de E-Dixgal, onde o CEIP Rabadeira continuaría o vindeiro curso:

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2024/20240620/AnuncioG0761-100624-0004_es.html

Os representantes das familias e ANPA tivemos unha reunión con Inspección Educativa (órgano informador non decisorio), quen informou que, dende o seu punto de vista, non se cumprían os requisitos para o abandono do programa, ao requerir consenso de Claustro e Consello Escolar. Non tivemos resposta dos escritos presentados por parte da Unidade de Ordenación e Innovación da Consellería de Educación- Xunta de Galicia (órgano decisorio).