Consello Escolar 27/05/2024

1.- Lectura e aprobación, se procede, da acta anterior. Apróbase.

2.- Información situación E-Dixgal.

– O Centro remitiu no prazo establecido (3 días dende a resolución provisional) as actas de Claustro (voto a favor de E-Dixgal) e Consello (voto en contra)

– A día de hoxe non saiu aínda a resolución definitiva de E-Dixgal

– A Xunta contactou co Centro para participar na rolda de consultas para a mellora de E-Dixgal

https://www.xunta.gal/es/notas-de-prensa/-/nova/001747/xunta-inicia-ronda-contactos-con-comunidad-educativa-para-seguir-mejorando-proyecto

https://www.xunta.gal/es/notas-de-prensa/-/nova/001911/estudio-constata-que-rendimiento-escolar-del-alumnado-mantiene-con-dixgal-programa

3.- Aprobación da modificación das datas da 3º avaliación PXA 23/24. Apróbanse e o Centro enviará Abalar informando ás familias.

4.- Aprobación da modificación do Plan Xeral de Atención á Diversidade. Apróbase e será colgado na web do Centro.

5.- Información dos libros de texto curso 24/25. Infórmase. Cambiarán os libros de 1º/2º Primaria, manteránse os de 3º/4º e 5º/6º polo momento aténdese á resolución provisional (E-Dixgal), á espera de resposta definitiva.

6.- Informacións varias. Coméntase polo miúdo a celebración do 50 aniversario do Centro, a celebrarse o venres 7 de xuño.

7.- Rogos e suxestións.

– Coméntase a situación dos equipamentos deportivos de pavillón e patio

– Confírmase que a Xunta- Comedores aínda non respondeu á consulta para a posible adquisición de menús adaptados (alérxicos e intolerantes)

– Confírmase que non se confirmou a data da obra do comedor en verán

Consello Escolar 22/04/2024

1.- Lectura e aprobación, se procede, da acta anterior. Apróbase.

2.- Informe previsión do alumnado para o curso 24/25.
Infórmase de que todo o alumnado que fixo a solicitude en Infantil terá praza. En Primaria non hai en principio prazas dispoñibles.

3.- Información da celebración da graduación de Educación Infantil.
A graduación de Primaria terá lugar o xoves 20 e a de Infantil o venres 21, ambas ás 17:30.

4.- Información EDixgal
O Claustro votou a favor de continuar con EDixgal en 5º/6º
O Consello vota en contra de continuar con EDixgal en 5º/6º
O Consello queda á espera de instruccións da Consellería de Educación.

5.- Informacións varias

  • Instalaranse as pizarras dixitais enviadas pola Xunta nos cursos que estaban pendentes (de 3º a 6º).
  • A Xunta confirma a reforma integral do comedor/cociña en verán. É posible que se realicen melloras tamén no edificio de Infantil.
  • O Centro comenta que se produciu un incremento significativo nos menús por intolerancias/alerxias. O Consello queda á espera de resposta de opcións do servizo de Comedores da Consellería de Educación, que serán comentadas no vindeiro Consello.

Consello Escolar 04/03/2024

1.- Lectura e aprobación, se procede, da acta anterior. Apróbase.

2.- Informe da previsión do orzamento do ano 2024. Infórmase.

3.- Informacións varias 

– Como resposta á pregunta do Consello anterior, as probas de 4º Primaria son obligarias para todo o alumnado, se ben os resultados son completamente anónimos e estadísticos.

– O Centro enviará Abalar recordando ás familias que están prohibidos todos os dispositivos móviles, incluídos os reloxos “intelixentes”.

4.- Rogos e suxestións

– Claustro extraordinario E-Dixgal: terá lugar unha vez saia a convocatoria de E-Dixgal.  

Consello Escolar 29/01/2024

1.- Lectura e aprobación, se procede, da acta anterior. Apróbase.

2.- Cambio da figura de representación da ANPA no Consello Escolar. Alberto Castro Babío, presidente da ANPA Ensino Rabadeira, substitúe a Raquel Grela Barreiro.

3.- Informe da conta de xestión do orzamento do ano 2023. Infórmase.

4.- Información da modificación do artigo 23 das NOFC. Infórmase, indicando que xa se remitiu Abalar ás familias para recordar o método de xustificación das faltas.

5.- Actualización Proxecto Lingüístico 2023-2027. Actualízase e infórmase que únicamente se modificaría, no seu caso, o libro de Música.

6.- Análise dos resultados de E-Dixgal por parte das familias representantes do Consello Escolar. As familias solicitan que se discutan os pros e contras do sistema E-Dixgal, co fin de que o claustro vote a favor ou en contra da súa renovación, e que se teñan en conta os argumentos expostos polas familias. O Centro informa que terá lugar un claustro extraordinario, previa exposición de motivos, no que se tomará dita decisión, que posteriormente deberá pasar por Consello. A convocatoria E-Dixgal ten lugar a finais de febreiro.

7.- Informacións varias.

– O día 31/05 celebrarase a xornada de boas prácticas pola tarde, enlazando coa celebración dos 50 anos do Centro.

– Este ano realizarase avaliación de 4º Primaria, dacordo coa orde publicada no DOG do 12/01/2024.

 8.- Rogos e suxestións.

– Actualmente non hai familias con servizo de comedor ou transporte suspendido, nin por falta de pagos nin faltas non xustificadas.

– A iniciativa de Igualdade para 5º e 6º levada a cabo en xaneiro corresponde á oferta do Concello. Realizarase tamén actividades complementarias de Mediación e Nutrición no resto do curso, que serán colgadas na páxina web do Centro.

Consello Escolar 16/10/2023

1.- Lectura e aprobación, se procede, da acta anterior. Apróbanse.

2.- Aprobación PXA curso 23/24. Recóllense determinadas modificacións e apróbase, co voto en contra da ANPA e da representante das familias presente pola parte dos menús de comedor (inclúen parcialmente as suxerencias realizadas).

3.- Aprobación das modificacións do Plan Xeral De Atención á Diversidade. Apróbase, co voto en contra da ANPA e da representante das familias presente polos mesmos motivos que os expostos no Consello do 03/07/2023.

4.- Información das actualizacións e modificacións das NOF. Recóllense determinadas modificación e infórmase.

5.- Nomeamento dos membros das comisións para o curso 23/24. Repítense os mesmos membros agás Biblioteca, que cambia Azucena Nantón por Susana Fernández.

6.- Informacións varias.

– O día 13 foi aprobado por Inspección coma de libre disposición. O seguinte é o 20 de maio.

– As xornadas de boas prácticas celebraránse este curso en horario de tarde, para favorecer a asistencia das familias 

7.- Rogos e suxestións.

As representantes das familias comentan/preguntan:

– Plan Director: A ANPA solicitará as charlas para familias (data proposta: 19 xaneiro).

– Incumplimentos nos servizos complementarios/suspensión (comedor/transporte): polo momento non foi necesario facer ningunha suspensión.

– Auditoría Riscos Laborais: resúmense as conclusións.

– Incorporación de persoal de Orientación polo programa PROA: incorporouse 1/2 PT.

Consello Escolar 04/09/2023

1.- Lectura e aprobación, se procede, da acta anterior.  Apróbase.

2.- Resolución da listaxe definitiva de comedor. Todas as solicitudes foron admitidas.

3.- Información e listaxe transporte curso 2023/24. Todas as solicitudes foron admitidas. Enviarase Abalar e informarase nas reunións de inicio que, dacordo coa nova Instrucción de transporte do curso 2023-2024, o alumnado que non utilice o servizo 5 días consecutivos sen xustificación nun prazo de 30 días, a súa praza podería ser dada de baixa para ocupala outro neno/a ligada a una suspensión de outro servizo complementario como pode ser o comedor.

4.- Aprobación actividades extraescolares 23/24. Apróbanse.

5.- Aprobación de datas e espazos necesarios para actividades previstas organizadas pola ANPA para o curso 23/24. Apróbanse.

6.- Aprobación dos días non lectivos propostos polo Claustro. Apróbanse o 13/10 (venres) e o 20/05 (luns). Coinciden cos escollidos polo CEIP Juana de Vega e o IES Miraflores.

 7.- Información do Proxecto Documental Integrado (PDI) escollido para o curso 23/24. A temática escollida son os 50 anos do colexio Rabadeira.

8.- Información 1º día curso, entradas e saídas. Como principal novidade, todo o alumnado de Primaria procedente da casa poderá entrar ben polo portalón ao carón da porta de Infantil como pola porta de Primaria. A saída de 1º/2º Primaria realizarase por este portalón e de 3º a 6º pola porta de Primaria. Enviarase Abalar e instrucións detalladas ás familias.

9.- Informacións varias.

Está prevista unha saída de 6º Primaria o 18/09 a Carboeiro.

Polo número de unidades do centro corresponden 2 especialistas en Inglés por catálogo da Xunta. Arts será impartido por uunha mestra especialista de Inglés e tamén por profesorado de Primaria que estea cualificado na especialidade de inglés.

Remitiránse por e-mail as datas das comisión do primeiro trimestre.

10.- Rogos e suxestións.

Pregúntase pola  dotación do departamento de Orientación. O centro ten asignadas 2 PT e 1/2, esta última compartida co centro de Santa Cruz (3 días en Rabadeira e 2 en Santa Cruz). Espérase contar con outro profesional de PT co programa PROA. O centro ten asignadas 2 AL e espérase contar con outro profesional de AL co programa Acompaña.

Pregúntase pola nova figura do coordinar/a de convivencia, que será representado por Rosa Doce, tamén directora do Departamento de Orientación.

En relación coas extraescolares, coméntase que a ANPA espera contar cun coordinador de actividades que ademáis atenda ao alumnado con NEE. O profesorado de garda estará a disposición na antiga sala de Xefatura de Estudos. Acórdase tamén que os cambios de extraescolares por transporte deberáse comunicar antes das 10 da mañá.

Coméntase que a obra completa do comedor foi aprobada pola Xunta, pendente de licitación para, no seu caso, o verán do 2024.

Consello Escolar 03/07/2023

1.- Lectura e aprobación, se procede, da acta anterior. Apróbase.

2.- Memoria curso 2022/2023. Apróbase.

3.- Aprobación do Plan Estratéxico de Mellora dos Centros Educativos (PROA+). Apróbase, solicitando os representantes das familias poder ter coñecemento e, no seu caso, aportar dende xaneiro nas iniciativas que nel se enmarcan (ex. Mediación, Espazos inclusivos, Miradas emocionais, etc.). En concreto fálase da participación do alumnado coma mediadores e do reparto xogo inclusivo/deporte no patio.

En relación coas canastas do patio, coméntase co Concello que está planificada a súa recuperación nas obras de verán.

4.- Aprobación das modificacións do Plan Xeral de atención á diversidade. Apróbase co voto en contra da maioría dos representantes das familias que non comparten a redacción actual da entrada de profesionais especializados (gabinetes, asociacións) para alumnado NEE, NEAE, AC unicamente en horario de titorías (luns de 17 a 18h) en presenza dos pais/nais/titores. O Centro comprométese a engadir en setembro o párrafo de que tamén porán contactar co servizo de Orientación en horario lectivo, tamén en presenza de pais/nais/titores. Asimesmo, aclararáse no Consello de inicio de curso esta limitación.

5.- Aprobación continuidade PROA 23/24. Apróbase.

6.- Aprobación continuidade PLAMBE 23/24. Apróbase.

7.- Aprobación da presentación dos programas de éxito educativo da Consellería. Apróbase.

8.- Informacións varias.

O Centro solicita ao Concello un paso de peóns na saída de Primaria da rúa do Ensino. Os representantes das familias lembran tamén que se pediu a mellora na última parte da rúa do Ensino, na zona peonil non elevada, dado o risco que supón para os peóns.

O Centro informa que hai menos solicitudes de comedor que prazas ofertadas, polo que a previsión es que entrarían todos os que o solicitaron (sempre que reúnan as condicións de ter os pagos ao día). Publicaranse no mes de xullo as listaxes provisionais de admitidos para o servizo 2023-2024.

De cara ao curso que ven, os pagos de comedor teranse que realizar como está marcado na instrucción, senón o Consello Escolar poderase reunir e dar de baixa ao comesal ata que teña todos os pagos ao día.

Dacordo coa nova Instrucción de transporte do curso 2023-2024, o alumnado que non utilice o servizo 5 días consecutivos sen xustificación, a súa praza podería ser dada de baixa para ocupala outro neno/a ligada a una suspensión de outro servizo complementaria como pode ser o comedor.

9.- Rogos e suxestións

Os representantes das familias solicitan:

  • Que se intenten convocar os Consellos Escolares en horarios compatibles para todos (ex. luns pola tarde)
  • Que se convoquen as comisión aló menos con carácter trimestral
  • Que se comparta a documentación con anterioridade. Incluso, se é posible, acceder aos borradores que van ser aprobados polo claustro. Comentarios coma o do Plan Xeral de Atención á Diversidade- Orientación podería ter sido incorporado.
  • Que se pense na forma na que os representantes das familias podamos ser parte activa e poder aportar no plan de centro antes de ser executados, coma nos comentarios aportados ao PEM.

Consello Escolar 30/01/2023

1.- Lectura e aprobación, se procede, das actas anteriores. Apróbanse.

2.- Informe da conta de xestión do orzamento do ano 2022. Infórmase.

3.- Informacións varias:

– O Concello e o Consorcio das Mariñas, previa solicitude por parte do alumnado de 6º, visitarán as instalacións do CEIP para mellorar os sistemas de reciclaxe.

– Finalizouse a reforma do alicatado en Infantil por parte da Consellería- Xunta de Galicia.

– Recóllense as propostas de modificacións nos menús plantexadas polos representantes das familias.

– Coméntase a realización do Plan de Mellora do Centro, dentro do programa PROA+, no que se enviarán enquisas á comunidade educativa.

– Mellorouse, trala solicitude do centro, a conectividade do pasillo de 5º/6º (usuarios EDixgal) por parte da Consellería- Xunta de Galicia. Está pendiente a revisión do resto do centro.

– Aceptáronse tódalas solicitudes de coidadores de comedor.

– Difundiuse a xornada de portas abertas do centro para novas incorporacións, o vindeiro 28/02.

4.- Rogos e suxestións:

– Os representantes das familias solicitan difundir entre as familias o listado de actividades complementarias por trimestre para cada curso (obradoiros, etc.).

– Os representantes das familias preguntan pola opción escollida polo claustro para a celebración do entroido.

– Os representantes das familias preguntan polo horario de acendido da calefacción, que sempre é á víspera do inicio das clases.   

Consello Escolar 01/12/2022

Constitúese o novo Consello Escolar, formado por:

Equipo directivo:

–          Ana Perandones Lozano, directora

–          Diego Barja Centeno, xefe de estudios

–          María Naya Macías, secretaria

Representantes do profesorado:

–          Estefanía Ortiz de la Torre

–          María Jesús Cabrera Fandiño

–          Consuelo Paz Beade Dopico

–          Beatriz Raviña Gómez

–          Azucena Nantón Blanco

Representantes das familias:

–          Elena García Martín

–          María Fondado Marcote

–          Raquel Grela Barreiro (ANPA)

–          Verónica Rico Rodríguez

–          Federico Beltrán Gómez

 Representante do Concello:

–          María José Santos Zas

Representante persoal administración e servizos:

–          Pilar Siso Vecino

Constitúense tamén as comisións, que se reunirán trimestralmente:

Económica:

–          Ana Perandones Lozano, directora

–          María Naya Macías, secretaria

–          María Fondado Marcote, como representante das familias

–          María Jesús Cabrera Fandiño, como representante do profesorado

Convivencia:

–          Ana Perandones Lozano, directora

–          Elena Martín García, como representante das familias

–          Consuelo Paz Beade Dopico, como representante do profesorado

–          Pilar Siso Vecino, como representante do persoal de administración e servizos

Biblioteca:

–          Diego Barja Centeno, xefe de estudios

–          Verónica Rico Rodríguez, como representante das familias

–          Raquel Grela Barreiro, como representante da ANPA

–          Beatriz Raviña Gómez, como representante do profesorado

–          Nuria Martinez Seijo, coordinadora de biblioteca

–          María José Santos Zas, como representante do Concello

–          María Luz Corral Uzal, responsable da biblioteca pública de Oleiros

Consello Escolar 17/10/2022

1.- Lectura e aprobación, se procede, da acta anterior. Apróbase.

2.- Aprobación PXA curso22/23. Apróbase coa excepción dos menús, que serán modificados coas suxestións plantexadas.

3.- Informacións varias. 

– O Centro informa dos programas solicitados este ano á Consellería de Educación, Xunta de Galicia.

– O Centro informa da concesión de unha PT máis a media xornada dentro do programa PROA.

– O Centro informa que contactou co Concello para ter máis información do sentido único no tramo do Centro de Saúde. Ante a resposta negativa inicial, vaise propoñer que o sentido único sexa de 8:45 a 9:00.

– O Centro informa da preparación da aula sensorial para alumnado con NEE.

4.- Rogos e suxestións. 

– Os representantes dos mestres propoñen revisar dentro do Consello/NOFC o uniforme escolar, xa que nin o Centro nin as familias son conscientes da orixe desta iniciativa.

– Os representantes das familias propoñen analizar dentro da Comisión de Convivencia a posibilidade de realizar un plan de convivencia co enfoque de Disciplina Positiva.

– Os representantes das familias preguntan pola situación das entradas ás 8:55, que melloraron sustancialmente en outubro.