1.- Información da situación do centro en relación ao profesorado especialista en alumnado NEE.
Infórmase da situación actual en relación co profesorado especialista en alumnado con Necesidades Educativas Especiais (NEE).
O Centro contaba ao inicio de curso con 3 profesoras de Pedagoxía Terapéutica (PT) e 2 de Audición e Linguaxe (AL), fronte ás 2 PT e 2 AL do ano pasado. Inspección Educativa, á vista das novas matrículas no centro con NEE, asignou unha PT máis, compartida cun centro educativo da Coruña. Os horarios destes apoios extraordinarios e a metodoloxía de traballo xa están organizados para o trimestre.
Adicionalmente, Xefatura de Estudos procedeu a reorganizar os horarios do profesorado co fin de realizar reforzo nas aulas con alumnado de NEE con apoios ordinarios.
O Centro está á espera de resolución do programa PROA, que podería conceder un recurso PT adicional.
Actualmente contamos con 3 coidadores, cunha ratio menor que a establecida pola norma.
Con todas estas medidas espérase que o alumnado con NEE poida ser correctamente atendido. En calquera caso, tanto o equipo de Orientación, Claustro e Consello Escolar farán estreito seguimento da situación.
