Consello escolar 29/09/2021

Orde do día:

1. Lectura e aprobación, se procede, da acta da reunión anterior. Aprobada.

2. Resolución das convocatorias ARCO e PROA+. 

O pasado 10 de setembro as representantes das familias no Consello solicitaron incluir na orde do día do próximo Consello a “Situación do alumnado NEE. Número de PTs e ALs dispoñibles no centro”, no que se enmarca este punto.

O Centro comenta que foron concedidos nas listas provisionais 1 PT para 4º e 5º ata o 31/12/2021 baixo o programa ARCO e medio PT (recurso compartido con outro centro) para 6º para todo o curso. O centro asignaría estes apoios ao alumnado para o que foi solicitado na convocatoria. A resolución definitiva está pendente, esperando que sexa recibida a principios de outubro.

Discútese se sería necesario, en todo caso, un PT adicional. O Centro comenta que está pendiente de ter informe detallado para presentar á Dirección Territorial con todas as necesidades identificadas, xa que ése é o procedemento indicado por Inspección Educativa para solicitar este recurso.

O Consello acorda, en calquera caso, preparar e remitir un escrito a Inspección Educativa e Dirección Territorial solicitando un PT adicional.

3. Información dos días lectivos escollidos polo centro. Solicitaránse o 07/12 e 16/05.

Coméntase que, ata hai uns anos, acordábanse os días do CEIP Rabadeira, CEIP Juana de Vega e IES Miraflores, escollendo cada ano un centro ditos días. Dado que o IES, polos exames de segundo de Bacharelato, non quere coller días no último trimestre, rompeuse dito acordo. Os días elexidos polo centro son os mesmos que o resto de CEIPs do Concello.

4. Aprobación do plan de actividades extraescolares e protocolos. Aprobados.

5. Aprobación listaxe coidadores comedor. Aprobado.

6. Aprobación dos menús do comedor. Aprobados, xa foron contempladas unhas suxerencias das representantes das familias.

7. Plan de continxencia do centro. Remítese a aprobación ao próximo Consello.

8. Informacións varias. O Centro solicita dous temas:

– A empresa de limpeza que ten a concesión non está a limpar os cristais. O Concello di que está ao tanto e tratando coa concellería de Servizos. Acórdase que a ANPA remita tamén escrito ao Concello solicitándoo.

– Dentro dos obradoiros de emprego do Concello, solicítanse uns elementos para o proxecto de patios inclusivos.

Adicionalmente, remítese a unha reunión de traballo aparte para o proxecto de Igualdade, relacionado coa subvención a ANPAS. Exponse que disponse tamén dun remanente da Asociación que pode ser destinado a material para os patios inclusivos.

9. Rogos e suxestións. As representantes das familias preguntan:

Retrasos na liña 2. O Centro informa que foi un tema puntual, e que os buses chegan entre 8:45-9:00 e saen 15:00-15:10.

Comedor. Pregúntase se está previsto facer algún axuste adicional tralo arranque. O Centro indica que en principio non.

NOFC e Plan de Convivencia. Pregúntase se serán convocadas as Comisións. Dadas que as eleccións ao Consello están previstas para novembro 2021, manteranse tal e como están.

Reorganización espazos. Aula de Informática. Coméntase que está previsto o traslado á planta baixa de Administración. Pregúntase se, para actividades extraescolares pola tarde e para o uso que se estime dentro de horario lectivo poderíase montar un aula de informática, cos equipos doados pola Asociación. O centro indica que , inicialmente, non existe demanda desta aula no horario lectivo e que non existen aulas extra dispoñibles.

Celebracións e saídas. Pregúntase se están previstas celebracións e saídas, nos que a ANPA pode colaborar. O Centro indica que están en curso de planificación, co proxecto de centro “Con M de Mar”. Remítese a unha reunión de traballo para determinar accións conxuntas concretas.

Consello escolar 13/09/2021

Orde do día

  1. Lectura e aprobación, se procede, da acta anterior. Apróbase.
  2. Resolución da listaxe defininitiva de comedor. Comunícase que todo o alumnado ten praza, quedando 20 prazas sobrantes, aproximadamente.
  3. Información e listaxe transporte curso 2021/2022. Comunícase que todo o alumnado ten praza, pero é necesario considerar que a licitación de transporte prevista para decembro do 2021 pode provocar modificacións e que o alumnado non lexítimo quede fóra de dito transporte.
  4. Organización e información de actividades extraescolares. Infórmase.
  5. Proxecto de Igualdade concedido pola Xunta á ANPA. Infórmase.
  6. Informacións varias. O centro comunica que retoma o plan de patios inclusivos. Tamén a nova responsable de comedor e a nova organización do servizo, detallada na páxina web do centro.
  7. Rogos e suxestións.

Consello escolar 26/04/2021

Orde do día:

  1. Informe da previsión  do orzamento do ano 2021. Infórmase.
  2. Autorización uso das instalacións para a xornada de lecer do 18 de maio e campamento verán ANPA. Apróbase.
  3. Informacións varias:
  • Obras no campo do patio Infantil, formando un poboado con casiñas, camiños e mesas de xogos.
  • Obras na zona de Orientación (última pranta), facendo novo tabicado.

4. Rogos e suxestións:

  • A ANPA pregunta polos escritos que se acordaron enviar a Consellería no pasado Consello Escolar:

a) Solicitude modificación horario transporte escolar das 15:00 ás 15:30, co fin de manter no curso 2021-2022 os dous turnos de comedor sen perda de horario lectivo para os alumnos de Infantil e 1º/2º Primario. Acórdase modificar lixeiramente o texto e volver a envialo.

b) Solicitude coidador adicional para o alumnado con NEE. Acórdase volver a remitir o escrito para que sexa enviado como ratificado polo Consello Escolar.

c) Solicitude cambio pavimento patios. Acórdase incluir esta petición en xuño, xunto con outras peticións do centro. Adicionalmente, solicitaráse que en verán sexa acometida a obra de cambio de cuberta comedor, xa aprobada pola Dirección Técnica da Consellería.

  • A ANPA aclara que a excursión- saída de 1 día ofertada por Serocio para o alumnado de 6º Primaria ao albergue de Santa Cruz (actividades multiaventura) é distinta da xornada de lecer ofertada o mesmo día 18 de maio para todo o alumnado do centro. Tampouco pretende substituir ningunha celebración de final de curso/ciclo. O centro indica que, dende o profesorado ou centro non haberá iniciativa de excursión de fin de curso.
  • A ANPA pregunta se está prevista algunha celebración de final de curso/ciclo, como é a graduación. O centro indica que, a día de hoxe, basándose no protocolo establecido pola Xunta, non é posible ter unha cerimonia coas familias. Sí se compromete a ter unha actividade especial nos últimos días para cada unha das aulas/grupo estable de convivencia. Esta decisión volverá a avaliarse se se producen cambios nas indicacións da Consellería.

Consello escolar 28/01/2021

Orde do día:

  1. Informe da conta de xestión e do orzamento do ano 2020. Infórmase.
  2. Proposta coidadores comedor. Apróbase.
  3. Aprobación protocolo extraescolares. Apróbase.
  4. Solicitude coidadores alumnos NEE. Enviaráse comunicado que o Consello suscribe o escrito.
  5. Plan Ensino Virtual. Revísase e faráse un comunicado recordando a necesidade de empregar a Aula Virtual.
  6. Solicitude revisión pavimento. Enviaráse comunicado que o Consello suscribe o escrito.
  7. Rogos e suxestións.

a) Solicitudes ao Concello:

  • Revisión do horario de iluminación das rúas anexas ao centro
  • Revisión da posibilidade de bloquear prazas de Infantil para o aparcamento de autocares para facilitar a entrada destes nenos/as
  • Revisión dos pasos de peóns da zona da piscina (incorporación de iluminación disuasoria intermitente nas sinais e chan) e da saída da rúa do Ensino
  • Revisión da maleza e dos postes da finca anexa a rúa do Ensino, que dificultan a visión na saída
  • Revision do pavimento do patio
  • Revisión da zona verde traseira

b) Deporte feminino:

  • Proponse retomar a iniciativa de deportista galegas lanzada polo profesorado o curso pasado e traladar a concellería de Deportes e de Igualdade a posibilidade de realizar actividades.

c) Xestión de residuos

  • Solicítase facer a segregación de orgánico e inorgánico no comedor.
  • Solicítase evaluar segregar os residuos dos nenos (merendas, etc.) en orgánico e inorgánico na aula.
  • Solicítase retomar o proxecto dos colectores de papel.

d) Iniciativa “Conócelas”, de ASEICA. As representantes das familias solicitan entrar na iniciativa de mulleres científicas para centros escolares.

e) Revisión de menús. As representantes das familias envían as súas suxestións.

f) Cambio de transporte. Acórdase volver a enviar a solicitude, de cara ao curso 2021-2022.

g) Comisións. Renóvase a Comisión de Biblioteca.

Comisións Biblioteca, Económica e Comedor

Nas pasadas semanas tiveron lugar as Comisións de Biblioteca, Económica e Comedor. Os temas tratados foron os seguintes:

  1. Comisión Biblioteca
  • Constitución da Comisión
  • Situación Plambe
  • Aprobación protocolo biblioteca
  • Plan de apertura e actividades

2. Comisión Económica

  • Recibiuse a partida COVID, tamén para a compra das mascarillas de familias
  • Recomendouse rechear o depósito de gasóleo polo prezo actual e o maior consumo previsto pola ventilación

3. Comisión Comedor

  • A Unidade Técnica da Xunta xa concluiu o análise da porta de emerxencia. A obra realizaríase nas vacaciones de Nadal. O cambio do tellado está previsto para as vacaciones de verán.
  • Acordouse destinar parte do remanente á renovación de menaxe, como xa se fixo en Infantil.
  • Tras analizalo co equipo de cociña e coidadores, rexeitouse comprar bandexas e carros.
  • Acordouse analizar a posibilidade de modificar o mobiliario do comedor, de tal maneira que sexa máis cómodo (ex. sen patas), permita maior distancia de seguridade e, no seu caso, a instalación de mamparas (co actual non é posible).
  • Por último, recordáronse as suxestións enviadas polas representantes das familias nos menús.

Con posterioridade, a representante das familias na comisión de Comedor solicitou:

  • Que se retomase a separación de residuos orgánicos/inorgánicos no comedor, agora que xa se conta coa totalidade de coidadores.
  • Que se actualizase o regulamento de comedor na web, adaptándoo ás situacións actuais.

Consello escolar 14/10/2020

A orde do día é a seguinte:

1.-Lectura e aprobación , se procede, das actas anteriores.

2.- Información da PXA para o curso 20/21.

3.- Elección días no lectivos.

4.-Comedor e transporte.Dobrequenda e solicitude modificación horario de transporte.

5.-Comedor.Instruccións e coidadores e aprobación dos mesmos.

6.-Transporte. Cumprimiento do protocolo.

7.-Rogos e suxestións.

Apróbanse as actas anteriores. A PXA queda pendente de aprobación por parte do claustro e de información posterior ao Consello Escolar.

Solicitaranse coma días non lectivos, tras aprobación polo claustro e información ao Consello, o 16 de novembro e o 18 de maio.

En relación cos servizos de comedor e transporte, a representante das familias no Consello Escolar e membro da Comisión de Comedor lé o escrito adxunto, que é suscrito por todas as representantes dos pais/nais/titores.

Apróbase solicitar á Xunta a modificación do horario de transporte do segundo servizo ás 15:30, co fin de iniciar o servizo de comedor ás 13:45-14:00 e reducir a perda de tempo lectivo para o alumnos de Infantil e 1º/2º Primaria.

As representantes do profesorado fan saber que o lavado de mans antes da comida, ó ter que realizarse por turnos, conleva o consumo de tempo. Coméntanse varias opcións para intentar mellorar este proceso.

As representantes das familias solicitan que se distribúan as instruccións detalladas a coidadores de comedores, nas que a ANPA colaborou na súa elaboración.

Igualmente, solicitan pedir á empresa de transporte os planos de autobuses para confirmar que se están a cumprir as instruccións establecidas no Protocolo no relativo a grupos estables de convivencia e reparto de prazas no autocar.