Carta das representantes das familias no Consello

As representantes das familias no Consello remiten ó CEIP Rabadeira a seguinte carta:

As nais representantes das familias no Consello escolar queremos manifestar que, no Consello Escolar de data 7 de maio de 2020 acordouse, para este curso, manter as mesmas vías de comunicación entre o profesorado e as familias que se viñan empregando dende o inicio do confinamento pola Covid-19. Igualmente, solicitouse que para o vindeiro curso, 2020-21, houbese unha única vía de comunicación para facilitar a información bidireccional.

Por este motivo, entendemos que, a quince días do remate do curso escolar, non procede facer un cambio cando todos estamos acostumados a un determinado funcionamento e pensamos que dito cambio pode ocasionar distorsións na boa comunicación acadada ata este momento tanto por parte do profesorado coma das familias.

Asimismo, solicitamos que esta comunicación se poña en coñecemento de todo o claustro escolar.

Carta de 27/05/2020

Resumo Consello 07/05/2020

A petición das representantes das familias, celebrouse consello extraordinario coa seguinte orde do día:

 1.- Covid-19. Medidas a adoptar no terceiro trimestre, dacordo coas instruccións do 27 de abril da Consellería de Educación.

2.- Destino do remanente de comedor do final do segundo trimestre do curso 2019-2020.

3.- Campamentos de verán.

4.- Actividades extraescolares curso 2020-2021.

En relación co primeiro punto, o equipo directivo indica que remitirá antes do 12/05 o modelo a Inspección, dacordo coas instruccións do 27/04. En canto este documento sexa aprobado pola devandita Inspección, será colgado na web do colexio. Dacordo coas instruccións da Consellería de Educación, o terceiro trimestre dedicarase a reforzo e repaso, e adaptaranse as programacións. A avaliación será realizada coa indicación de promoción xeral.

As representantes das familias solicitan que, agradecendo o esforzo realizado polo persoal docente nestas semanas, se lance unha iniciativa para a unificación das vías de comunicación coas familias, utilizando as plataformas postas a disposición pola Xunta (Webex, correo coporativo, aula virtual, Abalar). Na actualidade moitas delas teñen que acudir a blogues, Edmodo, páxina web do cole, whatsapps, etc. para recopilar as tarefas do alumnado. As representantes das familias do Consello entenden que, quedando só mes e medio de curso, este trimestre non se cambien as vías de comunicación e a aula virtual se inicie o vindeiro curso.

As representantes das familias interesámonos tamén polo estado das familias máis vulnerables, en concreto ó acceso as tarefas e material. O centro indica que Servizos Sociais está a repartir o material, e que os ordenadores saíron o 07/05 por mensaxería. Lémbrase que as familias non poden polo momento, a falta de máis instruccións das autoridades, recoller o material dos seus fillos/as.

En relación co segundo punto, as representantes das familias solicitan que se destine parte do 20% do remanente do segundo trimestre, tal e como indica na lei, a melloras no comedor. A compra de louza nova para Infantil xa se realizou e avaliarase a opción de comprar unha nova mesa quente, a insonorización do espazo e mobiliario para que os nenos estén menos apretados no comedor.

As representantes das familias piden tamén actualización do estado da solicitude de porta de emerxencia do comedor.

En relación co terceiro punto, quédase á espera de indicacións concretas en función da desescalada.

En relación co último punto, as familias informan que a ANPA está a organizar as actividades do próximo curso, co fin de equiparar o funcionamiento á maioría de centros con asociación de familias. Pregúntase tamén sobre a opción de ter actividades o venres, dado que no existe persoal docente de guardia a partires das 15h. O equipo directivo consultará se é legalmente posible dita opción.

Solicitude formal porta emerxencia comedor

Tal e como se solicitou na reunión da Comisión Económica e de Comedor do pasado 17 de decembro, as representantes das familias no Consello pediron formalmente á Unidade Técnica de Educación que valoren a apertura dunha porta de emerxencia no comedor cara ó patio de Primaria (noroeste), aproveitando o probable cambio de cuberta no comedor nas vacacións de verán.

Comisións Convivencia, Biblioteca, Comedor e Económica

Trala solicitude presentada polas representantes das familias pedindo a convocatoria das pertinentes comisións, a data de hoxe tiveron lugar as primeiras reunións das mesmas, estando pendiente a convocatoria da relativa a Igualdade:

Comisión Convivencia: as representantes das familias mostraron a súa disposición para mellorar o plan de convivencia en vigor, no que non puideron participar no seu momento. Nas próximas sesións avanzarase neste sentido.

Comisión Biblioteca: a reforma da nova biblioteca, situada frente o actual salón de actos e que ocupa a anterior aula de informática e outra aula adicional, avanza con bo ritmo. Cando as obras e catalogación de títulos finalice, o Centro terá un amplo espazo onde poderán desenvolverse actividades tanto para Infantil como para Primaria.

Comisión Económica e de Comedor: revisáronse as principais partidas de ingreso e foron solicitados detalles das partidas de gasto do primeiro trimestre, co fin de mellorar, na medida do posible, o remanente actual existente na conta de desenvolvemento ordinario. En relación co comedor, pediuse:

1. Que se tramitase a solicitude á Consellería dunha porta de emerxencia nova cara o patio de Primaria

2. Que se realice a revisión ó final do segundo trimestre do remanente existente na conta comedor, co fin de poder destinar un 20% a melloras no mesmo.

3. Que se faciliten os menús ao Consello co fin de introducir melloras e ser aprobados tal e como establece a normativa.

Resumo Consello 13/12/2019

As representantes das familias no Consello solicitan convocatoria extraordinaria para tratar os seguintes temas:

  1. Programación Xeral Anual. Avaliación definitiva por parte das representantes das familias. A avaliación final é negativa e solicítase que as melloras sexan recollidas na programación do próximo ano.
  2. Comedor e Transporte. Aprobación de listas definitivas e clarificación das preguntas plantexadas. As listas de comedor e transporte definitivas están no centro. Éste indica que existen prazas libres no servizo das 14:00 e que as familias que non utilicen un servizo (ex. de luns a xoves ás 15:00) poden comunicalo para que outras poidan disfrutalo.
  3. Acceso terapeutas ao centro. Reclamación presentada por familia afectada. Encóntrase en tramitación na Consellería.
  4. Actividades extraescolares de danza. Proposta presentada por familia. Necesítase programación e, no seu caso, sería ofertada no vindeiro curso.
  5. Comisións Económica e de Comedor. Convocatoria. Terá lugar o martes 17 ás 19:30.
  6. Estado da cuberta do comedor e do centro. Solicitarase o informe definitivo canto antes para poder acometer as obras no verán.
  7. Revisión respostas pendentes aos escritos presentados polas representantes das familias.

Escritos pendentes

As representantes das familias do Consello:

  • Reclamaron resposta dos escritos remitidos. Ademáis dos superiores presentáronse os relativos a PXA e Comisión de Comedor (ver entradas anteriores). Unicamente se ten recibida resposta parcial dos de comedor e intolerancias.
  • Que se dese lectura ós escritos de Comisión de Convivencia e Económica no claustro, tal e como foi solicitado.