Comisión Comedor

As representantes das familias no Consello solicitaron:

  • Que se constitúa, dacordo co establecido na norma, a Comisión de Comedor e se convoquen a preceptivas reunións periódicas. Dende a constitución do Consello o 3 de novembro de 2018 non tivo lugar ningunha convocatoria da mesma.
  • Que o Consello Escolar aprobe os menús, tal e como establece a lei.
  • Que se teñan en consideración as cuestións plantexadas en relación con melloras do comedor remitidas por familias e Consello Escolar.

Iniciativas- Programación Xeral Anual

As representantes das familias no Consello:

  • Solicitaron que se lles facilite nas próximas ocasións a PXA con anterioridade suficiente para o seu análise.
  • Remitiron un número elevado de comentarios en relación coa última versión facilitada en relación con erros, imprecisións, co fin de mellorar un documento que consideramos de gran relevancia.

Con todo esto esperamos dispor dunha programación de calidade que contribúa ó bo funcionamiento do Centro.

Iniciativas- Intolerancias e alerxias alimenticias no comedor

As representantes das familias no Consello Escolar, ante os incidentes producidos no comedor, solicitaron:

– O protocolo existente que garanta a seguridade alimentaria dos alumnos e alumnas alérxicos ou intolerantes.

– A formación recibida polos coidadores do comedor sobre este tema.

– As accións adoptadas dende que tiveron lugar estes incidentes para garantir que non volvan suceder.

As respostas e iniciativas serán colgadas nesta canle.

Comisións Convivencia e Económica

As representantes das familias no Consello enviaron un escrito á Presidencia do Consello, informando tamén ó claustro, solicitando:

1.- Que tanto a Comisión de Convivencia como a Económica sexan convocadas tal e como establece a normativa en vigor, esto é, unha vez ó trimestre.

2.- Que se teña en conta que a representación das familias non participou no plan de convivencia presentado o claustro, do que se pide copia e solicítase tamén participar nel.

3.- Que se facilite con antelación suficiente as contas e orzamentos.

4.- Que se presente a xustificación de ingresos e gastos establecida por lei. Que se considere a posibilidade de destinar o 20% do remanente da conta de comedor á mellora das súas instalación.

Informaremos das repostas a través desta canle.

Iniciativas- Páxina web

As representantes das familias no Consello solicitaron as melloras na web do CEIP Rabadeira.

  • Que as listas de comedor e transporte estean actualizadas.
  • Que o organigrama do centro estea actualizado.
  • Que o menú de comedor estea actualizado e sexa posto a disposición das familias, se é posible ó inicio do mes.
  • Que o calendario escolar estea colgado na web, aínda que non estean aínda asignados o días de libre disposición do centro.
  • Que a través da web podan descargarse as autorizacións de falta de asistencia ou impuntualidade (actualmente os enlaces están inactivos).
  • Que a través da web podan consultarse as actividades extraescolares (actualmente os enlaces están inactivos).
  • De maneira xeral, que a web do centro sirva de canle activo e actualizado de comunicación entre o centro e as familias, fomentando o seu uso.

Adicionalmente, planteouse que se realizase un traballo de recollida das direccións de correo electrónico das familias para fomentar a chegada de comunicacións masivas.

Iniciativas- Comedor

As representantes das familias no Consello solicitaron de novo e por escrito as seguintes melloras:

  • Que o impreso de autoliquidación sexa facilitado ó final do curso xunto coa circular do comedor.
  • Que os nenos e nenas (aló menos a partires de Primaria) poidan incorporar o hábito do lavado de dentes tralo almorzo de maneira autónoma e/ou voluntaria. Que sexa analizada a posibilidade de incorporar un plan de hixiene dental ou participación nun dos programas de saúde bucodental da Xunta de Galicia.
  • Que se mellore a comunicación entre os pais/nais/titores e os responsables/coidadores e coidadoras do comedor:

– Informando ás familias da persoa responsable do coidado da mesa dos seus fillos/fillos, así como do número total de comensais por coidador.

– A través da incorporación dun semáforo plastificado (ex. para os alumnos de Infantil e 1º/2º Primaria) para que o coidador indique (ex. semanalmente) cómo está a comer o alumno/a.

– A través da anticipación do menú ás familias a finais do mes anterior.

  • Que se mellore a convivencia no comedor sen recorrer a accións  de reforzo positivo ou negativo (ex. entregar xeados extra ás mesas menos ruidosas ou castigar ás mesas máis ruidosas).
  • Que se garante que os nenos estean en mesas con compañeiros do seu curso.
  • Que se considere no plan de espazos inclusivos  a posibilidade de insonorizar a instalación do comedor.

Iniciativas- Comunicación Comedor

Dentro das melloras propostas para o comedor encóntrase a comunicación. Dado que no mes de setembro non se facilitou o menú en papel e retrasouse sutancialmente na web, as representantes das familias do Consello pediron que se facilitase alo menos o principio do mes para que a dieta dos rapaces sexa planificada e equilibrada. A día de hoxe xa se facilitou en papel e está pendente a súa subida á web.