A Presidencia do Consello comunica que a proposta de revogación da Dirección foi desestimada, polo que a mesma seguirá será sendo ostentada por Dña. Juana María López Fernández. Contra esta decisión cabe recurso de alzada.
Resumo acta 03/07/2019
En primeiro lugar infórmase sobre a memoria anual. Realízanse varias preguntas sobre os seguintes temas:
- Paso ó IES con 2 materias supensas
- Limpeza do centro. A Dirección comenta que ata abril houbo 3 limpiadoras, incorporándose unha máis. Nun consello anterior avisouse ó Concello da deficiencia da limpieza no verán, indicando éste que non tiñan persoal na bolsa de traballo
- Conserxería: indícase que a apertura do centro ás veces realízase pola conserxe e noutras ocasión por terceiras persoas. Se informa de que non vai estar solicítase un sustituto.
- Plan de mellora de convivencia: pregúntase se houbo un cuestionario preio antes de por en marcha o proxecto de patios inclusivos e outro posterior. Unha das representantes das mestres comenta os resultados da enquisa e propón maior implicación.
En segundo lugar recórdase a baremación para a adxudicación das prazas de comedor, que serán aprobadas (listas provisionais na próxima reunión).
En terceiro lugar comunícase que foi concedido o EDIXGAL
para o 5º curso. Os alumnos/as non terán que pagar nada. Tamén foi concedido o
PLAMBE de bibliotecas coa cuantía de 6.100 euros.
O Concello comenta que vai montar o rocódromo e a alarma de Infantil. Tamén
está lista a tarima para a biblioteca.
Por último, unha representante pregunta sobre a posibilidade de manter dúas
aulas dado o baixo número de novas matrículas en 4º Infantil para o curso
2019-2020. A Inspección a día de hoxe dixo que sí.
Un
representante dos profesores fixeron un escrito que pediron ser lido no
Consello Escolar. Dito escrito está en Secretaría.
Decisión Consello Extraordinario 12/07
O Consello votou a favor da revogación da Dirección polo que continúa o proceso. Manterémosvos informados a través desta canle.
Resumo acta 01/04/2019
En primeiro lugar infórmase da estimación do orzamento para o ano 2019. Apróbase por unanimidade dita previsión do orzamento.
En segundo lugar trátase o tema de patios inclusivos. O centro está traballar nun proxecto de patios inclusivos encamiñado a que todo o alumnado desfrute do seu tempo de lecer. Presentouse un proxecto de patios inclusivo que trata de cambiar os patios poñendo xogos que perduren no tempo. Estase comezando a construcción dun rocódromo. O Concello colaborará coa colocación do mesmo. O proxecto presentarase en distintos organismos para solicitar axudas e pedir subvencións.
En terceiro lugar trátase o plan de mellora de bibliotecas (PLAMBE). Na actualidade está pechada a biblioteca para cambiala a planta baixa. O Concello colabora cambiando o chanpor tarima. Se o PLAMBE é concedido o centro terá dotación económica da Xunta.
En cuarto lugar e último lugar trátase a oferta de Activa para o campamento de verán que abrangue do 25 de xuño ata o 31 de xullo. O Consello Escolar acepta esta petición.
Resumo acta 28/01/2019
En primeiro lugar, infórmase dos datos da conta xeral do orzamento correspondente ao ano 2018. Na vindeira sesión someterase a aprobación o orzamento corresponden ao ano 2019.
En segundo lugar, o Consello Escolar acorda aplicar o artigo aos impagos do servizo de comedor, tal e como indica a Lei.
En relación coas preguntas plantexadas polas representantes dos pais/nais/titores, coméntase o seguinte:
- Renovación tecnolóxica.
Durante o curso danse de baixa os ordenadores que non funcionan. Durante o curso 2008 mercáronse no primeiro trimestre 3 pizarras dixitais e 1 cañón. Os ordenadores de aula renováronse fai 3-4 anos en Primaria e 2 anos en Infantil.
Dentro dos plans que o centro está a levar a cabo solicitarase o PLAMBE polo que a biblioteca será trasladada e ampliada á planta baixa do edificio de Primaria, utilizando un aula sobrante. Con isto, o centro contará no próximo curso cun novo e mellorado espazo adicado a tal fin.
O profesorado participa en dinámicas de traballo con novas tecnoloxías. O ano pasado unha empresa ofertou un proxecto para traballar con tablets. Despois dun período de proba dalgunhos titores a avaliación non foi positiva.
- Comedor
O funcionamento do comedor está recollido na orde 21/2/2007, e cada ano saen instrucións concretas. A dobre quenda de comedor foi solicitada e non concedida.
- Transporte
O dereito a ser usuario de transporte está lexislado. Aplícase a lei para cubrir as prazas excepcionais. O centro recibe periodicamente o estado de faltas dos alumnos que non están a utilizar dito servizo.
- Recreo
Tal e como está establecido no PXA, cando chove decidiuse que os recreos realizaranse no interior do edificio de Primaria, xa que facelo no pavillón tivo efectos contraproducentes en cursos anteriores. Os nenos/as teñen xogos de mesa nas aulas.
Calquera dúbida, inquietude que poda xurdir as familias poden dirixirse directamente ao centro e falar coa directora (mail, teléfono, cita…).
Resumo acta 03/12/2018
Adxuntamos o resumo da acta aprobada do primeiro Consello Escolar trala súa renovación. Nas próximas datas actualizaremos o blogue cos temas de interese expostos polas representantes dos pais/nais/titores na segunda sesión celebrada o 28/01/2019, unha vez sexa tamén aprobada.
Rematado o proceso de renovación de membros do Consello Escolar constitúese o mesmo do CEIP Plurilingüe da Rabadeira. Renóvanse dous membros, representantes dos pais/nais saindo elexidas María Fondado Marcote e Verónica Rodríguez Díaz. Ademais hai dous membros saíntes por rematar seus fillos 6º e ocupan estos postos: Beatriz Cañás Romar e Raquel Grela Barreiro.
Renóvanse dous representantes do profesorado saíndo elexidas Leticia Domínguez Rañón e Azucena Nantón Blanco. Non hai representante no sector de administración e servizos.
Constitúese no seno do Consello Escolar a comisión económica que estará formada polos seguintes membros.
Presidente: Juana Mª López Fernández
Secretaria: Rosa Doce García
Vocais:
– en representación dos país: María Fondado Marcote
– en representación dos mestres: María Naya Macías
Raquel Grela Barreiro coma a persoa responsable de impulsar medidas educativas que fomenten a igualdade real e efectiva entre homes e mulleres.
Constitúese a Comisión de Convivencia Escolar quedando elexidos como representantes dos país Begoña Zabal Bustamante e Verónica Rodríguez Díaz e como representante dos mestres Silvia Lavandeira Calvo. Preside dita comisión Juana Mª López Fernández.
Benvidos
Benvidos ó blogue dos representantes de nais, pais e titores dos alumnos do CEIP Rabadeira no Consello Escolar.
Con esta nova canle de comunicación pretendemos dar difusión ó traballo realizado a través do Consello Escolar, así como recibir de primeira man as inquietudes e preocupacións da comunidade educativa.
